Neste Sermos, nº66, falamos do 'pensionazo', de Escocia, do galego... e moito máis

Sermos Galiza volve á rúa cun novo número. O desacato do conselleiro de Educación ás sentenzas do TSXG sobre o galego e a análise do 'pensionazo' que prepara o goberno español son algunhas das cuestións nas que nos debruzamosr. Entrevistamos a Gómez Noya e falamos tamén cos afectad@s das preferentes que se organizan para entrar no consello de NGB. Todo no número 66 do noso semanario, disponíbel xa na nosa loxa!


O número 66 do Sermos Galiza está, unha quinta feira máis, na rúa. Desta volta, falamos do que de verdade agocha a reforma de pensións impulsada polo executivo español. Un proxecto co que se furtan máis de 70 mil millóns de euros aos pensionistas.

Tamén nos mergullamos no desacato do conselleiro de Educación ás sentencias do TSXG sobre o galego, ou nas cuantiosas axudas públicas que van parar a un armador galego sancionado en diversas ocasións e con barcos na 'lista negra'.

De Escocia a 'Arraianos'

Neste número tamén viaxamos ata Escocia, onde estivemos presentes na manifestación pro-independencia. Pilar Fernández fai unha crónica dunha xornada chave para o futuro da vella Alba. E entrevistamos a Gomez Noya.

Unha reportaxe sobre como os bares volven ser covas de creatividade cultural e a crónica política son outras cuestións que van netse semanario, onde tamén entrevistamos o director de 'Arraianos', Eloy Cachafeiro.

Comentarios