Neste Sermos Galiza nº73, Prestige: crime sen castigo

A sentenza pola maior catástrofe da historia do país exime de responsabilidades ao Estado. Ninguén pagará. Debullamos a sentenza, falamos das consecuencias e procuramos reaccións. E neste número hai moito máis: proxectos de recuperación da toponimia, entrevista a Maria Josep Poquet (comité de empresa de Canal 9), un debuxo inédito do Cunqueiro mozo e arredista... Xa á venda na loxa. 

Capa_SG73

Once anos de agarda para levar unha labazada. A sentenza da Audiencia Provincial pola catástrofe do Prestige exime de responsabilidade ao Estado. Ninguén pagará. Nin moral, nin política nin económicamente. Neste semanario falamos do que iso supón, tamén mirando para o futuro. E falamos con diferentes persoas (voluntari@s, políticos, representantes de movementos sociais,...) para que acheguen a súa opinión sobre a sentenza.

Mais neste número tamén tratamos como a factura eléctrica pon contra as cordas a única siderúrxica galega, ou como algúns queren facer negocio coas pensións públicas. En Tecnoloxía contamos como a idea hardcoreta do DIY (Do It Yourself, faino ti propio) chega á telefonía móbil.

RTVV

María Josep Poquet, xornalista e integrante do comité de empresa de Canal 9, cóntanos nuna entrevista que aconteceu con esta canle pública.

E navegamos por dous proxectos galegos cos que se procura recuperar a memoria dos nomes dos lugares, dos ríos, das prazas, corredorias, fontes ou muiños do noso país.

Cunqueiro inédito

Temos tamén o pracer de publicar un inédito de Álvaro Cunqueiro, un debuxo feito en Mondoñedo en 1924 no que expresa os seus anceios dunha “Galiza Libre”.

Outra entrevista neste semanario é a Cesáreo Sánchez a raíz do seu 'Caderno do Nilo'. E tamén a que lle facemos ao actor Federico Pérez. E en Viaxes na Miña Terra imos até Friol, Terra de Castelos. E tamén achegámonos a Lisboa, a cidade onde as sardiñas voan, da man de Kalandraka.


 

E, como non, opinións, críticas de libros, de cinema...


 

Comentarios