Neste número 56 do Sermos, a solidariedade que enfronta a crise

Un novo número do semanario Sermos Galiza na rúa. Desde o sector naval perante unha UE que non lle cómpre até unha entrevista a Elvira Souto, de GpS. A situación do sector lácteo, traiñeirias, Festigal...e moito máis.

Sermos Galiza, 56

Unha nova sexta feira e unha nova cita co Sermos Galiza, que xa chega ao número 56. No tema da abordamos como nun contexto de empobrecemento galopante da cidadanía, xorden proxectos de apoio mutuo e solidariedade como o impulsado pola CIG.

“Non se lle pode pedir a unha persoa nacionalista que non sexa independentista”. Entrevistamos a Elvira Souto, integrante de Galiza pola Soberanía (GpS).Neste número analizamos, aliás, o financiamento opaco do PP galego ou a situación na que fica o sector lácteo despois de aprobar o Senado a Lei para a mellora da cadea alimentar.

Ramonet, Syriza, Enciña da Lastra

A decisión da comisión da UE sobre o naval, a análise de Ignacio Ramonet do 'ecosistema mediático' ou o congreso de Syriza, son outras das cuestións que se tratan neste semanario.

Entrevistamos a David Álvarez, patrón da traiñeira de Tirán, que representa a Galiza na ACT e que sabe ben que “unha boa regata pode se perder nunha mala ciaboga”..

E debullamos para ti todo o que vai vir no Festigal, e contámiosche o que foi, con sorpresas incluídas, de Ortigueira. Entrevistamos á escritora Berta Davila, achegámonos en Viaxes na miña Terra á Enciña da Lastra e falamos con Fernán López, de 'Rutas Vivas'

Esta sexta feira nos quiosques e librarías do país e desde agora na nosa loxa

Comentarios