Neste nº 77 do Sermos, carga de dignidade

Máis un número na rúa, quioscos e lonxa e unha manchea de temas: Sector naval, folga pola sanidade pública, o negocio das subvencións ou a burbulla das grandes superficies comerciais. E lembramos, como non, a Mandela. Xa o poder mercar nos quiosques e librarías do país mais tamén na nosa loxa. 

Máis un número do Sermos Galiza. O 77. Trinta e dúas páxinas con información, análise, debate, novas... en galego. No tema da semana achegámonos ao sector naval de Ferrol en loita pola supervivencia dunha comarca e falamos de como o PP é quen de inutilizar desde dentro o Parlamento.

Entrevistamos a Raquel Lema, xornalista e presidenta do comité interempresas da CRTVG, onde afirma: “A precariedade laboral, as represalias e a autocensura van da man”. E falamos coa oposición parlamentar sobre os gastos de asesores e propaganda do goberno Feijóo.

Lei de garantías sanitarias

O PP aproba en solitario a Lei de garantías de prestacións sanitarias que vén recuperar a Logse de Fraga e penalizar doentes que rexeiten atención nunha clínica privada. A Folga histórica de 48 horas en defensa da sanidade pública tamén é tratada neste número.

Tamén neste número percorremos os grandes centros comerciais para comprobar como tamén nestes negocios hai unha burbulla que ameaza con estoupar.

Phubbing, o que é iso?

Na sección de tecnoloxía falamos do Phubbing. Que é iso? Pois é o fenómeno social que consiste en preferir o teléfono á persoa que se ten en fronte. Un andazo da man das novas tecnoloxías. E lembramos a Nelson Mandela, defendendo que os aplausos interesados non deben tapar unha voz cun compromiso moi concreto.

CoraSons (Kalandraka), a entrevista a Anxos Sumai, o percorrido por Santa Baia de Bóveda, 'O Cocido sinfónico' de Os Tres Tenedores ou a parolada con Manuel Costiña (do Grupo 9) son outras das cuestións que teñen cabido nas nosas páxinas.

E hai moito máis. Moito. Só tes que achegarte a este número 77. Esperamos que che preste. Boa leitura!

 

Comentarios