El Mundo editorializa que "hai fallos de seguridade" na liña en que se produciu o sinistro

Argumenta o diario madrileño, próximo ao PP, mais crítico con Rajoy, que "hai fallos de seguridade desde o momento en que o sistema permite que un tren que supera os 200 quilómetros por hora fique ao chou dun posíbel despiste humano".

Nun editorial intitulado "Adif e os maquinistas asumen que hai fallos no sistema de seguridade", o diario que dirixe Pedro J. Ramírez afirma que "xa que é imposíbel devolver a vida ás vítimas, hai que garantir que un accidente así non volte a producirse".

Iso implicaría, argumenta, a revisión da seguridade "en toda a rede ferroviaria", como por outra banda terían anunciado xa "os responsábeis da infraestrutura".

Os fallos no sistema de seguridade, razona El Mundo, non quita para que "o profesional que estaba aos mandos do comboio na traxedia de Santiago non teña responsabilidade no sucedido".

Comentarios