Sete mulleres asasinadas en catro días pola violencia machista

O feminismo galego sairá ás rúas esta quinta feira 16 de xaneiro para condenar os asasinatos de Adela e María Xosé en Cervo.


Unha muller de 38 anos asasinada a puñaladas polo home --quen despois se guindou desde a azotea-- eleva até sete a cifra de asasinatos machistas rexistrados no Estado español en catro días. 

Na Galiza, un home matou a paus a súa compañeira, María Xosé S.L., e a nai dela, Adela R.L. en Cervo. Esta quinta feira ás 20h están convocadas concentracións de repulsa nas principais cidades do País.

Comentarios