As mudanzas na rede: unha ollada AFondo ás redes sociais

Até hai ben pouco falar da Internet era falar da Web mais as mudanzas dos últimos anos situaron as redes sociais no primeiro plano. Un cambio que está a remexer a maneira en que se relacionan as persoas mais tamén a forma de traballar, de facer política... Xa podes mercalo na nosa loxa.

340

Esta semana presentámosvos un caderno monográfico arredor das redes sociais. Coordenado por Jorge Castro, achéganos ao mundo dixital e a unha das súas principais ferramentas: as redes sociais. 

Estes espazos web de comunicación e relación inter-persoal están a se converter no quinto poder. A súa crecente importancia situounas nun primeiro plano a nivel internacional. A súa repercusión e rápida penetración entre as faixas de idade máis novas --e non tan novas, converteunas nunha potente ferramenta multiusos. 

Da man de expert@s nacionais e internacionais presentamos un espazo para a reflexión co que coñecermos máis devagar que son e como poden ser utilizadas as redes sociais. Neste senso, o ciberactivista senegalés CheikhFall explícanos nunha entrevista cal é o modelo que o seu país está a seguir nun proceso de democratización da Internet. CheikhFall foi impulsor do movemento Sunu2012, un movemento que canalizou o descontento popular fronte a candidatura á presidencia de Abdoulaye Wade. 

Entrevistamos ao ciberactivista senegalés, CheikFall, impulsor do movemento Sunu2012

Este senegalés asegura que na actualidade "os chamados ciberactivistas ou xornalistas cidadáns xogan nalgúns países un importante papel como fontes e transmisores de información" se ben, salienta, "a Internet non escapa da censura". 

Ao igual que aconteceu en Senegal, o movemento 15M no Estado español tivo nas redes sociais unha importante palestra para se propagar e medrar con axilidade. Desde Monte Alto, a asemblea popular do 15M cóntannos cales foron os aspectos fundamentais que influíron na comunicación deste movemento social. 

Así, sobre os seus usos converamos con Sara Moreira (Brasil) e Silvia Viñas (Chile) que nos achegan dúas perspectivas afastadas territorialmete mais moi próximas no tempo. Ambas as dúas coinciden en apuntar que as redes "xogan un rol fundamental face o globalismo". 

E na Galiza? Cal é a situación das redes sociais nas empresas, na escola ou na cultura? O consultor en marketing on-line, Daniel Cequeiro, o colectivo Algueirada de xestión cultural no ámbito das TIC e o mestre de primaria Pablo Nimo explícannolo. 

Faite con el na nosa loxa.

Comentarios