Máis de dez milleiros de persoas agardaban fileiras interminábeis desde as 9:00 da mañá para poder partillar dun dos 40 postos de traballo que a feira Empregalia en Vigo dicía ofertar. Dentro, empresas que foron denunciadas por prácticas contra o persoal traballador, ETTs, as Forzas Armadas e mesmo algunha de servizo de limpeza que cobrou da Xunta para organizar cursos de formación máis nunca contratou ás persoas participantes. A Cig definiu a Feira como un acontecemento “fraudulento e propagandístico” e os traballadores do Naval manifestáronse nas súas portas en demanda do traballo do sector.
O calote aos desempregados quedaba á vista na relación das empresas participantes, algunhas delas, como Citroen, que teñen xa no seu haber milleiros de currículos e outras como as do propio sector naval que están a botar fóra traballadores e traballadoras na grave crise pola que atravesa o sector. A Forzas Armadas e varias ONGs partillaron tamén do evento que produciu malestar en boa parte dos milleiros de persoas que se sentiron burladas pola propaganda.