A Mesa premia a San Luís polo uso do galego

A cadea San Luís é a gañadora da segunda edición dos Premio Abertos ao Galego, convocados pola Mesa pola Normalización Lingüística. O acto de entrega terá lugar esta sexta feira 22 de novembro ás 20.30 en Carballo. 

photo_camera

A cadea de electrodomésticos San Luís resultou gañadora do Premio Abertos ao Galego, o galardón que a Mesa convoca co fin de dinamizar o uso do galego no ámbito empresarial. A empresa volveu recentemente ás mans do seu primeiro propietario, Lorenzo López, despois de que a multinacional que se fixera coa cadea decidira pechar as tendas de electrodomésticos. “Estamos de volta” foi a mensaxe coa que se promociounou o seu regreso, lenda que agora lembra a MNL: 

“O xerente e fundador de San Luís nos anos 70, Lorenzo López, fai unha clara aposta pola lingua como elemento fundamental da identidade, o que el entende como parte imprescindíbel da marca da empresa”, recoñecen na Mesa pola Normalización que lembran a aposta do propietario polo uso do galego, lingua na que están rotuladas as súas tendas. 

O xurado do premio valorou o uso da nosa lingua nun sector pouco normalizado alén de ser San Luís unha empresa que demostra que “o uso do galego é un aliado para o mundo socioeconómico”. 

O acto de entrega terá lugar esta sexta feira en Carballo ás 20.30 horas e nel intervirán a actriz Isabel Risco e a cantante Najla Shami.  
 
Abertos ao Galego é o proxecto da Mesa que quere dinamizar o galego no mundo empresarial, coa concesión do premio, a elaboración dun catálogo ou a difusión dun catálogo de Nadal das empresas que se adiren á iniciativa. O premio creouse o pasado ano cunha primeira edición na que ese premiou á empresa Tuenti Technologies que desenvolve a rede social máis popular na mocidade. 

Comentarios