martes 25/01/22

Merkel estará na GZ este domingo e o BNG pide á sociedade que lle mostre o seu repudio

A chanceleresa alemá estará na Galiza os días 24 e 25. Percorrerá un tramo do Camiño de Santiago e verase con Rajoy.

Merkel e Rajoy, nunha cimeira anterior

Merkel simboliza as políticas da Troika que están a danar os sectores estratéxicos da economía galega e a empobrecer as maiorías sociais do noso País, de acordo coa análise que realiza o Bloque Nacionalista Galego. É por iso que a formación nacionalista chama á sociedade a que “mostre o seu rexeitamento” ao que a líder alemá significa.

O BNG cualifica Merkel de “campioa dos intereses da banca e dos recortes sociais”. “O BNG quere chamar a atención dos galegos e galegas sobre o papel que ten xogado a política alemá en relación ás decisións tomadas pola Unión Europea e a Troika, aproveitando a conxuntura creada pola crise económica que padecemos desde 2007", resalta a formación nacionalista.

Na súa visita a Galiza, avanza o BNG, Merkel previsibelmente abordará con Rajoy a repartición de cargos na nova Comisión europea. A presenza da chanceleresa no noso País será en todo caso unha boa oportunidade, entenden @s [email protected], para as galegas e os galegas mostraren a súa "disconformidade" coas políticas "de desmantelamento e empobrecemento do noso país e cos recortes sociais que representan Merkel e Rajoy".

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Merkel estará na GZ este domingo e o BNG pide á sociedade que lle mostre o seu repudio
comentarios