Ao ministro Wert hanlle ranxer os ouvidos esta cuarta feira co clamor que percorreu Galiza contra o seu decreto, ao que a comunidade educativa considera "mercantilizador e españolista". A folga no ensino tivo un seguimento masivo, ao igual que as manifestacións que se realizaron en cidades e vilas de Galiza. Alumnos, persoal docente e familias uníronse para defenderen un ensino público, galego e de calidade.
"O ensino é un dereito, non un privilexio" foi unha das palabras de orde máis coreadas, nunha mobilización que contou co apoio de sindicatos e forzas da oposición.
Haberá ampliación.