O maquinista acóllese ao seu dereito a non declarar perante a policía

O condutor do comboio sinistrado en Angrois negouse a prestar declaración perante a policía, segundo informan fontes policiais

O maquinista do tren descarrilado na curva da Grandeira --no lugar de Angrois-- acolleuse esta sexta feira ao seu dereito a non prestar declaración perante as autoridades policiais. O condutor do comboio atópase imputado de maneira provisoria á espera de declarar perante o xuíz e está sendo custodiado por axentes da policía española no hospital.

A policía xudicial xa lle tomou declaración a pasada quinta feira após o sinistro á fin de redixir o atestado do accidente co que o Ministerio Fiscal elaborará a imputación. 

Neste senso, a caixa negra do ferrocarril podería ser determinante para esclarecer o acontecido. Esta, que se atopa baixo custodia policial, contén as gravacións de audio do acontecido. As autoridades policiais aseguran que decidirán nos vindeiros días após sexan identificad@s todas as vítimas. 

Comentarios