Manuel Vázquez disputaralle a secretaría xeral do PSdeG-PSOE a Gómez Besteiro

A contenda preséntase desigual mais o PSdG-PSOE xa ten oficialmente dous candidatos para a secretaría xeral. O presidente da Deputación de Lugo, Xosé Ramón Gómez Besteiro, presentou como avais os nomes de case a metade da militancia fronte a un Manel Vázquez, alcalde da Illa de Arousa, que se fixo "contrarreloxio" con 1.400 avais no día no que remata a primeira fase das primarias. 

Manuel Vázquez e Pachi Vázquez
photo_camera Manuel Vázquez e Pachi Vázquez

Dous candidatos superaron o dez por cento dos avais da militancia que se requerían para se apresentar á elección da secretaría Xeral do PsdG-PSOE. A loita semella desigual mais a carreira está aberta e nela compiten un Xosé Ramón Gómez Besteiro que parte como favorito con 5.400 sinaturas presentadas e un Manel Vázquez que consegiu sumar 1.400 avais. Besteiro conseguiu nesta primeira fase o apoio de case a metade da militancia. 

O que será secretario xeral do PsdeG-PSOE terá experiencia na xestión institucional. Xosé Ramón Gómez Besteiro como presidente da Deputación de Lugo e Manel Vázquez como alcalde da Illa de Arousa. En pouco máis de un mes, o próximo 7 de setembro coñecerase o resultado das primarias na que a militancia do partido escollerá ao seu máximo representante. 

Pouco antes do peche do prazo oficial para se candidatar á secretaría xeral, Gómez Besteiro e Vázquez depositaron na sede da Rúa do Pino de Compostela os seus avais para seren cotexados e comezar xa a carreira para a elección do que será substituto de Patxi Vázquez. Os dous mostraron o seu contento polo proceso e ilusión por se candidatar ás primarias.

Comentarios