Un manifesto de Implicadas defende unha Galiza alén das súas fronteiras

Por vez primeira unha organización non gubernamental fai público un manifesto para o 25 de xullo. Implicadas no Desenvolvemento, a ONG galega que basea o seu traballo nos piares dos feminismos e o seu carácter nacional, defende no comunicado un espazo propio para cooperación internacional. 

"Remexer a terra, construír un país" é o título do manifesto que Implicadas no Desenvolvemento fai público neste 25 de xullo, a primeira vez que unha organización non gubernamental aproba un comunicado para ser difundido nesta data de reivindicación nacional.  Implicadas no Desenvolvemento lembra que para que os seus obxectivos se realicen desde o propio país precisa apoio social xa que as súas accións fundaméntanse no autofinanciamento e na participación do activismo. 

Comentarios