Máis unha muller asasinada na Galiza pola violencia machista

Un home agrediu cunha machada a súa compañeira causándolle feridas que lle provocaron a morte horas máis tarde, malia ser transladada ao hospital aínda con vida. Aconteceu en Lugo. Son xa 14 as mulleres asasinadas no Estado en só tres meses

Un home matou esta sexta feira a súa compañeira no domicilio que partillaban con catro fill@s de amb@s e vari@s familiares en Lugo. Os feitos aconteceron na zona da Ramallosa cando, alertada polos berros, a filla de 13 anos de idade baixou ao portal en pixama para pedir axuda. Malia que algunhas testemuñas sinalaron que Helena D. podería estar grávida, a autopsia negou esta posibilidade.

Malia que foi transladada ao hospital universitario HULA, non foi posíbel salvarlle a vida. Presentaba varias feridas en todo o corpo realizadas cunha machada. Unha delas, na parte dereita da cabeza, sería a que lle causou a morte. A parella levaba catro anos residindo na Galiza e 17 de convivencia. O agresor, G.C., xa foi detido.

Este novo caso de violencia machista fai que o número de mulleres asasinadas se eleven até as 14 nos tres meses que van de ano no conxunto do Estado español, a primeira na Galiza. Con todo, cómpre lembrar que o ano 2012 deixou no noso País cinco casos de terrorismo machista

Comentarios