Máis de 17.000 galeg@s emigraron a outros territorios do Estado en só tres meses

Un informe confirma a Galiza como territorio emigrante nunhas cifras que afectan especialmente a persoas de entre 25 e 44 anos e que son moito maiores tendo en conta a quen marcha lonxe do Estado.  

Emigración
photo_camera Acto contra a emigración xuvenil

Galiza segue a perder caudal humano en medio dunha crise feroz. Uns 17.400 galeg@s abandonaron o seu lugar de residencia durante os primeiros tres meses do presente ano 2013 para traballar noutra provincia do Estado, segundo recolle un informe realizado pola empresa de Recursos Humanos Randstad. O número total de desprazad@s é moito maior tendo en conta a quen se dirixe en busca de emprego fóra do Estado.

O estudo cualifica a Galiza como territorio “emisor” posto que son moitas máis as persoas que marchan que as que chegan para traballar. Pontevedra é a provincia administrativa da que máis xente marcha, con 6.700 migrantes, seguida da Coruña con 6.500.

O perfil maioritario d@s traballadores e traballadoras que se desprazan é o dun home de 25 e 44 anos, con estudos secundarios, que se dirixe a outra provincia para ocupar postos nas actividades relacionadas co turismo, o comercio e na construción.  

Comentarios