Galiza e Euskadi xogan en Lugo un partido de rugby con arrecendo a oficialidade

O estadio Gregorio Pérez Rivera acolle este sábado os encontros das seleccións de rugby de Galiza e Euskadi nunha xornada na que haberá unha manchea de actividades de lecer, deportivas e reivindicativas.  Aliás, tamén hoxe aprensétase a plataforma Pro Oficialidade Galega

Selección galega gaña o Torneo de Rugby-7 en Ovieu
photo_camera Selección galega gaña o Torneo de Rugby-7 en Ovieu

As seleccións nacionais de Galiza e Euskadi disputarán este sábadoás cinco da tarde no estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo un encontro internacional de rugby. Ás 12:00 horas enfrontaranse as seleccións femininas de ambos os dous países. O partido forma parte do XXX aniversario da Federación Galega de Rugby (FGR).

Na presentación desta competición patrocinada pola Área de Deportes da  Deputación de Lugo, Antonio Veiga afirmou que “seguro que será unha festa do deporte e tamén de irmandade entre dous países que se ven privados da posibilidade de competir de xeito oficial coas súas seleccións nacionais”.

Aliás, nesta xornada tamén se presentará a plataforma Pro Oficialidade, impulsada por Siareir@s Galeg@s, nun acto no que estarán tamén representantes da basca Esait e a Pro-seleccions Esportives Catalanes

A finalidade deste novo colectivo é “ ouvir o hino galego de fundo num campionato oficial e internacional".

Comentarios