Pintos recorrerá o sobresemento da súa denuncia por malos tratos

"O xuíz só tivo en conta o informe da polícia", segundo o co-responsábel da CIG de Ferrol. O sindicalista continuará coa denuncia "por dignidade" e non entende a razón pola que a xustiza non tivo en conta ningunha das probas que se achegaron.
Concentración de apoio a Pintos
photo_camera Concentración de apoio a Pintos

"Do único do que teño medo é de perder a dignidade”. Xesús Anxo López Pintos, co-responsábel da CIG de Ferrol, vai recorrer o sobresemento da denuncia que presentou no seu día por malos tratos en comisaría. O sindicalista reitera que sufriu malos tratos e vexacións en comisaría, logo de ser detido no marco dunha protesta convocada polos Comités de Navantia e Poligal.

O xulgado de Instrución 3 de Ferrol ditou un auto de sobresemento que, segundo o sindicalista, "ten en conta o informe policial e non as probas que presentamos". Algunhas destas probas non se admitiron, caso das gravacións que realizaran as cámaras instaladas na propia comisaria. “Non estraña que as pretensión do Ministerio de Xustiza sexan impedir pola vía legal que se tomen imaxes da policía, porque así aínda sería máis doado tapar este tipo de delitos”, asegurou Pintos.

Probas non admitidas

A parte denunciante non tivo acceso ás gravacións das cámaras instaladas nas dependencias policiais e "a única persoa que accedeu a elas foi o comisario", asegura Pintos. Aliás, esta proba non foi solicitada polo xulgado tal e como pedían na acusación. Por este motivo o sindicalista considera que a "censura na instrución das probas presentadas" entre as que figuran moito material audiovisual, o parte médico e a as numerosas testemuñas do sucedido, "é un recorte de dereitos e liberdades civís".

Comentarios