O lixo que beneficia uns poucos

A privatización da recollida de lixo iniciada nos 80 alimentou un negocio que en Galiza está dominado por catro grandes construtoras. O conflito de Albada evidencia, aliás, a existencia dunha 'estafa social' na xestión dos refugallos.

lixo
photo_camera lixo

O proceso de privatización da recollida e tratamento de lixo iniciado na década dos 80 nos concellos galegos engordou un negocio que en Galiza está, tres décadas despois, en mans dunhas poucas empresas. "Un oligopolio que fai cartos a costa dos refugallos", indican desde a Plataforma pola reciclaxe. Empresas centradas na construción e sen outra relación con Galiza que facer negocio e cos seus centros de decisión (e de cotización) ben lonxe do Padornelo.

E a esta festa hai que engadir un outro convidado: Gas Natural-Fenosa, copropietaria de Sogama coa Xunta. En xaneiro, os cidadáns galegos van pagar un mínimo dun 25% máis no recibo do lixo para paliar a queda de ingresos da Sociedade Galega do Medio Ambiente.

Toda a información neste Sermos Galiza, nº69