Laura Bugalho nunca denunciou as "torturas" da policía española

Vinculadas á súa condición de muller trans, aconteceron durante a detención que a sindicalista sufriu en maio de 2009, após destapar a mafia de inmigración ligada á Operación Peregrino
photo_camera [Imaxe: Maia]


Cando a sindicalista Laura Bugalho foi que "de verbalizar" os "malos tratos" recibidos por parte da policía española durante as 48 horas que ficou detida na comisaría de Compostela xa expirara o tempo legal para poder presentar a denuncia. Na mesma semana en que prestou declaración perante a xuíza en relación á acusación de falsidade de documentos públicos continuada, falamos con ela daquela estadía nas dependencias policiais e dun interrogatorio en que a palabra máis repetida foi Teixeiro, o nome do cárcere da Coruña.

Todo o que nos contou poderás lelo no nº31 do noso semanario, desde esta sexta feira nos puntos de venda habituais. Eis aquí un video da concentración que arroupou á activista esta cuarta feira, durante as case tres horas que durou a súa comparecencia. Reclamaron a libre absolución e o arquivo da causa.
 

Comentarios