As lapas dos incendios de Cualedro e Monterrei queiman máis de 1.500 hectáreas e esténdense xa a Portugal

Tres lumes que están a constituír o maior incendio no que levamos de verán en Galiza. Os dous primeiros tiveron a orixe nos montes de Cualedro, arredor das 12.50 horas do sábado.

Brigadista
photo_camera Brigadista

Os lumes chegaron a formar un frente de 9 quilómetros de lapas e estendéronse até os montes de Vilar de Perdices (Portugal).

Os dous primeiros tiveron a orixe nos montes de Cualedro, arredor das 12.50 horas do sábado. O forte vento levounos a perto das portas das vivendas nos lugares de Carzoá, San Martiño e San Millán (Cualedro) e Sandín, Flariz e Medeiros (Monterrei).

O terceiro lume prendeuse por volta das 17 horas en A Pedrosa (Monterrei) e axiña se propagou até A Xironda, San Millán, A Madenela. Foi este o que se internou en Portugal.

Foron os veciños os que se enfrentaron cos lumes, con mangueiras e cubos. En moitos puntos o acceso por estrada estivo cortado pola acción do lume e do fume. En algúns casos -100 ovellas nunha explotación- algúns animais tiveron que ser desaloxados.

Nos traballaos de extinción participaron helicópteros con base en Toén, Queimadelos y Laza, entre outros, alén dos bombeiros de Verín e mesmo 100 efectivos da Unidade Militar de Emerxencias.
A Xunta estima a superficie queimada en máis de 1.500 hectáreas.

Comentarios