José Luís Baltar entra nos xulgados sen facer declaracións

Agardaron polo ex-presidente da Deputación de Ourense ás portas dos Xulgados afectad@s polas preferentes e membros do 15-M con berros contra a corrupción. Tamén acudiron alcaldes e militantes do PP chamados a través das redes sociais.
Entrada ao Xulgado de Ourense
photo_camera Entrada ao Xulgado de Ourense

Luis Baltar declara a esta hora no Xulgado nº 1 por un presunto delito continuado de prevaricación administrativa. Na entrada aos xulgados agardaban un grupo de afectad@s polas preferentes e membros do 15-M de Ourense.

Tamén acudiron a dar o se apoio ao ex-presidente da Deputación a deputada no Congreso Ana Belén Vázquez, concelleir@s do PP na cidade e os alcaldes de Celanova ou Xinzo, ademais de concelleir@s de Bande, Lobios, Melón e A Rúa. A concentración de cargos e militantes do PP, segundo trascendeu, foi convocada a través das redes sociais. Baltar non quixo realizar ningún tipo de declaración antes de ver ao xuíz.

Ana Belén Vázquez "móllase" por Baltar

"Estamos totalmente seguros da su inocencia". Ana Belén Vázquez, deputada polo PP no Congreso, defendeu a inocencia do ex-presidente da Deputación de Ourense diante mesmo dos xulgados onde está a declarar o ex-líder d@s populares ourensáns.

Acompañada polos alcaldes de varios concellos da provincia. Insistiu na inocencia de Baltar e declarou que as persoas compromisarias do seu partido no congreso delebrado en 2010, contratadas poo propio Baltar na Deputación, "non mudaban o resultado final" do que resultou gañador o fillo do acusado, José Manuel Baltar. 

A deputada comentou sobre os incidentes á entrada dos xulgados que José Luís Baltar entrou a declarar "grazas a que os cargos do PP facilitamos o seu acceso" diante da protesta d@s afectad@s polas preferentes e a Plataforma Stop Desafiuzamentos.

Imaxes: @ptaboadap

Comentarios