Jorquera reprocha aos meios que chamen caudillo a Chávez e silencien que o Rei foi imposto por Franco

Chávez é neste momento o grande asunto en twitter. Son trending topic á vez #Chávez #MuereChávez #Venezuela. O portavoz do grupo parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, debruzouse na rede e deitou tres chíos. Nun deles reprocha aos meios españois que chaman caudillo a Chávez que silencien, en troca, que o Rei Juan Carlos I foi imposto por Franco.
Francisco Jorquera na xuntaza coa asociación da prensa na Coruña

Tres chíos ocorren na conta twitter do portavoz do grupo parlamentar nacionalista -@jorqueracaselas- co falecimento de Chávez e as reaccións suscitadas na imprensa como argumento.

No primeiro, Jorquera expresa o seu respaldo ao legado do líder bolivariano. "Na memoria de Chavez. Viva a causa bolivariana", escrebe o nacionalista galego.

A seguir é cando critica o tratamento dado pola imprensa española ao falecido presidente da República Bolivariana de Venezuela.

Nun primeiro chío afirma: "A prensa española refírese a Chavez como caudillo. A mesma prensa que cala que o Xefe de Estado español foi imposto polo caudillo". Nun segundo, deita novas críticas ao Borbón: "Por certo, no Est español podemos escoller o Xefe de Estado?, podémolo recusar?. En Venezuela o Estado pagaba a Chavez as súas "queridas"?.

Comentarios