Irmandade poética galego-chinesa en Poetas Di(n)versos

Versos en galego e en chinés achegan as poéticas de Alfonso Pexegueiro e Ming Di no penúltimo encontro do ciclo “Poetas di (n)versos” que coordina a escritora Yolanda Castaño e se desenvolve no Centro Ágora da Coruña. 

Ming Di e Alfonso Pexegueiro
photo_camera Ming Di e Alfonso Pexegueiro

A desta segunda feira día 19, ás 20.30 horas no Centro Ágora o ciclo “Poetas di(n)versos” achega as obras dunha creadora da China, Ming Di e un autor galego, Alfonso Pexegueiro que ofrecerán, ao longo dunha hora, a lectura dos seus textos. No caso de Ming Di, a directora do ciclo, Yolanda Castaño lerá os seus poetas traducidos ao galego. 

Ming Di publicou seis libros de poesía, un deles recentemente traducido ao castelán co título de “Luna Fracturada”, sen ter participado, sen embargo en ningún recital no Estado. Pola súa parte, Alfonso Pexegueiro é un dos autores de referencia da renovación poética galega aínda que a súa presenza pública en escasa nos últimos tempos. Con doce obras de poesía publicadas, o autor de Seraogna, Hipatia ou Serán os cisnes que volven? ten, entre outros, o recoñecemento do Premio da Crítica. 

Comentarios