Indignación polo uso nos medios de imaxes que degradan as vítimas no sinistro de Angrois

“Absterse de empregar imaxes que degraden as vítimas”. Así pon o primeiro dos 10 puntos do decálogo do colexio de xornalistas para sucesos de catástrofe. Na de Angrois, houbo medios que non o cumpriron. E a indignación nas redes sociais é moi alta.

O New York Times, un medio afeito a informar de traxedias, dá a noticia do accidente de tren en Compostela sen botar man de imaxes dantescas, sanguiñolentas ou que puidesen ser degradantes. Faino un medio ubicado a milleiros de quilómetros do lugar do sinistro. Outros medios de comunicación, do país onde tivo lugar a traxedia, non tiveron ese decoro.

Houbo medios impresos con fotos en portada que xeraron o malestar e indignación en lectores, caso de La Voz, que entenden que se está a degradar a condición das vítimas. Críticas tamén nese sentido, o do tratamento das vítimas, houbo, e hai, a eito nas redes sociais sobre algunhas das imaxes transmitidasalgunha das imaxes retransmitidas pola TVG nos primeiros momentos.

Respecto

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza (CPXG) ten un decálogo de recomendacións para medios e xornalistas de sucesos de catástrofe. Son dez puntos nos que se marca cal debería ser o código deontolóxico dos profesionais da información á hora de ter que informar dunha catástrofe ou sinistro.

Así, e xa no primeiro punto do decálogo, sinálase que “é preciso respeitar o ámbito privado das persoas directa e indirectamente afectadas”. Aliás, “fotoxornalistas e cámaras de televisión han respeitar o dereito que tamén lles asiste de non permitir a captación no lugar do suceso de imaxes nas que teñan algún tipo de protagonismo”.

É máis, apunta a que “aínda no caso de non teren indicación expresa en contra, é recomendábel absterse de utilizar aquelas imaxes que puideran comportar a degradación das vítimas”.

Comentarios