Imputado, outravolta, o alcalde de Compostela

Ángel Currás e o seu predecesor no cargo, Gerardo Conde Roa, foron imputados por suposta "persecución" dun policía local segundo recolle El País na súa edición galega. 

O rexedor compostelán foi imputado na coñecida como 'Operación Manga' após unhas escoitas telefónicas. Currás xa fora imputado con anterioridade no decorrer destas investigacións se ben esta condición lle fora erguida en outubro. 

Nas conversas rexistradas escóitase ao ex-concelleiro de Seguridade, Vázquez Aldrey --tamén imputado-- preparar un plan para "trincar" ao policía. No diálogo interceptado falan de desenvolver unha chamada telefónica anónima para denunciar que o traballador se atopaba na súa morada en horas de traballo, asegura o diario español. Aliás, Vázquez Aldrey tería explicado ao actual alcalde que o seu predecesor no cargo, Gerardo Conde Roa, tiña "especial interese nese tema", en referencia ao policía local.

Actualmente a corporación municipal da capital galega atópase con 10 d@s 13 concelleir@s imputad@s --incluído o propio Currás-- por delitos de corrupción. 

Comentarios