venres 14/08/20

Identificadas xa as últimas tres vítimas do accidente

Completouse xa a identificación de todas as vítimas mortais do sinistro de Angrois.

De acordo cunha información facilitada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, xa foron identificadas "oficialmente" as últimas tres vítimas mortais do accidente.

Informa o TSXG que "cabe a posibilidade" de que, en función das probas practicadas polos forenses, e sempre pendentes dos resultados do ADN, "os tres restos" humanos que aínda se están a submeter a análise "correspondan a vítimas xa contabilizadas".

Destarte, e sempre á espera "da evolución dos pacientes hospitalizados", o número de falecidos manteríase nas 78 persoas.

 

 

 

comentarios