Henrique Sanfiz: “A Xunta foi responsábel do peche dos medios en galego mais a cidadanía quere que pervivan”

Preside Henrique  Sanfín a recén creada Asociación Galega de Medios, unha entidade que agrupa catorce cabeceiras, a práctica totalidade de medios que teñen no galego a súa lingua de comunicación. Entre as primeiras liñas de acción será defender unha proposta para unha lei de publicidade institucional que responda ao criterio da transparencia.

Henrique Sanfiz
photo_camera Henrique Sanfiz

-Que obxectivo persigue a Asociación Galega de Medios? 

Por unha banda petar na conciencia da cidadanía sobre a importancia de apoiar os medios de comunicación en galego para garantir a súa pervivencia, dirixirse tamén ás institucións transmitíndolle esa mesma mensaxe e destacando o seu importante labor cultural e  tamén a dignificación do xornalismo en Galicia. Queremos tamén aproveitar as sinerxias e establecer novas vías de financiamento que poda facer os medios sustentábeis. 

-A  asociaicón agrupa case a totalidade de medios que comunican en galego, que panorama trasladan da situación?

Un dos elementos comúns é precisamente a súa doversodade. Cada un ten características diferentes aínda que se pode facer fincapé en dúas ou tres liñas que apuntan tendencias. Por unha banda medios locais e comarcais que nos falan da vitalidade da información de proximidade que sigue xerando moito interese , tamén hai medios especializados en determinados sectores como outra vía de actuación interesante, e por outra banda, claro está, a propia identificación co idioma ou a lingua galega é outro sinal de identidade e sentido aos propios medios. 

-Outra das características é teren na rede o soporte privilexiado, con posibilidades de grande difusión e menos orzamento. 

É indiscutible que a redución de custes que representa o mundo dixital permite que existan medios con este perfil, comarcais e locais que sería moi difícil que existisen  noutros soportes como o xornal en papel. Internet trae esa posibilidade de utilizar  ferramentas en beneficio do idioma mais tamén pon na porta da casa unha serie de medios en competencia da que só sobrevivirán aquelas especies que saiban adaptarse aos tempos e saiban manter a conexión cun publico determinado. 

-Unha das eivas é a ausencia dun xornal diario en galego. Compre seguir aspirando ou xa non é tempo de pensalo?

A resposta é complexa. A crise do papel, que noutros sitios se vive como un , aquí é unha grave neumonía. Para min é unha incógnita se unha vez saíndo da  pensar na posibilidade de ter un xornal en papel. A crise azouta a prensa en papel en todo o mundo. Eu non renunciaría mais sabendo e sendo consciente de que é un proxecto difícil e se ten   a medio e longo prazo, tendo en conta que ningún diario é rendíbel. 

-Vimos de pasar un tempo de fortes cambios no panorama dos medios. Despois dun profundo golpe coa desaparición de cabeceiras, algunha delas histórica como A Nosa Terra e outras pioneiras como Vieiros ou significativas como Galicia Hoxe, agroman medios novos que teñen o galego como lingua de expresión. Como valora o que aconteceu en tan pouco tempo?

Posibelmente poderase dicir que a botella está medio chea ou baleira. Eu aposto por sacar unha lectura positiva das situacións complexas. Nestes anos deuse o peche de máis de cinco cabeceiras, como dis, algunha de  e relevancia como A Nosa Terra e tamén Vieiros ou Galicia Hoxe. En principio foi un golpe forte mais iso provocou unha certa resposta social. Varios medios de comunicación lanzamos a finais do 2011 a campaña Vitaminas para o Galego e a iniciativa suscitou un importante apoio cidadá que demostrou a sensibilidade existente en certos sectores sobre a cuestión e iso plasmouse no nacemento de novos medios como  Sermos Galiza que revela unha resposta social a unha situación de penuria e crise. De todos dependerá poñer os medios para   idioma galego continúe vivo nos medios de comunicación. 

-Un informe recente do Colexio de Xornalistas conclúe que a crise se debeu de maneira especial á febleza empresarial dos medios de comunicación en galego. Partilla desta opinión?

Sen dúbida a febleza empresarial ou o tecido de pequenas empresas que compuñan o sector dos medios de comunicación en galego incluiu niso mais hai outros moitos factores. Outros problemas incidiron na crise dos medios de comunicación en galego e, de forma decisiva, a actuación da administración, en concreto da Xunta que coa súa inacción que deixou morrer e abandonou medios de comunicación que usaban a lingua galega porque non mantiñan unha liña afín. Iso foi determinante. 

-Fanse trinta anos a Lei de Normalización que recolle a obrigatoriedade da Xunta de apoiar os medios que empreguen o galego de “xeito habitual e progresivo”. Cumpriuse este mandato?

Incúmprese cada día. Nós, desde a Asociación de Medios en Galego, non imos facer catálogo de incumprimentos senón reclamar cando menos o mesmo apoio económico e material que se lle dedica a outros medios. Recolleremos as afirmacións que fixo o presidente da Xunta no Día das Letras cando sinalaba que non queríamos esmorecer, que Galiza vén de lonxe e vai para lonxe. Os medios de comunicación tamén queremos ter cabida nese monumento que é a lingua e pedímoslle á Xunta que responda con receptividade e trate de maneira cando menos igualitaria aos medios que se comunican en galego porque é unha norma mínima da democracia. 

-Como valora que a campaña institucional do Día das Letras se puxese en todos os medios menos os que estaban en galego?

Trátase dun caso flagrante do que acontece. Hai trinta anos os gobernantes poderían poñer unha campaña de publicidade con criterios escuros mais a estas alturas a sociedade xa non permite estas cousa. Precisa transparencia e explicación dos criterios que presiden esta distribución de fondos que son cartos públicos. A publicidade institucional está pagada con cartos de todos e todas as galegas e non se pode marxinar desde as institucións precisamente aos medios que empregan a nosa lingua. 

-Reclaman por iso unha Lei de Institucional que xa prometera o anterior Secretario Xeral de Medios mais segue sen se tramitar?

É un dos traballos primeiros que vai acometer a nova asociación. Pretendemos facer chegar unha proposta de texto legal para a publicidade institucional e axudas aos medios que debe ir presidida pola transparencia con baremos e criterios  acordados por todos e admitidos nas diferentes . Ten que ir máis alá do  e queremos participalo das catro forzas políticas. Teñen que ser criterios presididos pola transparencia e asumidos por todas as forzas  para que teñan estabilidade nos anos. Neste sentido imos solicitar xuntanzas cos  para facerlles chegar ese .

-Ao tempo estase a dar unha redución da presenza do galego en medios que non o teñen como lingua maioritaria, que chega a mínimos históricos nos últimos trinta anos. 

Trátase dun reflexo do que está a acontecer no conxunto da sociedade. Se non se lle pon freo irá en detrimento de linguas como o galego. Para garantir o futuro é necesario que as institucións aposten por iso e polo idioma galego. Nas últimas décadas é evidente que descendeu  o número de falantes en idioma galego mais tamén hai síntomas positivos porque nas cidades se observa unha  da mocidade que volve a apropiarse do idioma galego. 

-Vostede dirixe Radiofusión, que tal vai de saúde?

Continúa, coas estreiteces propias da época na que estamos mais con ilusión e esperanza ao ver a receptividade que  de medios en galego. A información de proximidade que é o cerne das emisoras municipais interesa á cidadanía. 

Comentarios