Guillerme será o presidente de Galiza Sempre como laboratorio de ideas soberanista

O ex portavoz nacional do BNG asume a presidencia dun órgao que na Asemblea Nacional da organización frentista de Marzo de 2013 recibiu o encargo de se tornar nun laboratorio de ideas a prol da soberanía de Galiza.

photo_camera Guillerme, nunha conferencia de imprensa

O BNG relanza a súa fundación, visando tornala nun laboratorio de ideas a prol da soberanía de Galiza, unha sorte de think tank autodeterminista. Destarte, a Executiva Nacional da organización frentista tomou o acordo de renovar os órgaos de dirección da Fundación Galiza Sempre e de propor como o seu novo presidente a quen fora o líder do Bloque, Guillerme Vázquez, durante o período 2009-2013.

A ex deputada e ex membro da Executiva Nacional do BNG Ana Luisa Bouza, adscrita á corrente Abrente, será quen ocupe a vicepresidencia do Padroado da Fundación, en tanto que o anterior presidente, Suso Veiga, vaise pór ao fronte do seu consello asesor.

Ana Luisa Bouza será a vicepresidenta do Padroado e Suso Veiga asume a presidencia do consello asesor da fundación

Os cambios serán efectivos nunha reunión que o Padroado da fundación vai realizar o vindeiro sábado, apartir das 11 horas, no Museu do Pobo Galego.

No Padroado vanse integrar persoas de coñecido prestixio social e intelectual como Suso de Toro, Mar Pérez Fra, Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, María do
Carmo García Negro e Luísa González Couceiro.

Comentarios