Os grupos do Parlamento apoian a proposta do BNG de manter os centros de Pescanova en Galiza e os postos de traballo

O Parlamento instará ao Goberno galego a desenvolver medidas encamiñadas a manter os centros de produción de Pescanova en Galiza e a continuidade dos postos de traballo. 

A través da portavoz de Industria do BNG, Carme Adán, a Comisión de Industria debateu a proposición destinada a reclamar ao goberno galego a elaboración dun plan de viabilidade para Pescanova e a creación dunha comisión de investigación sobre o acontecido na empresa.  

O acordo contempla que o Parlamento “instará ao Goberno galego a procurar, xunto ao resto da Administración pública, administración concursal e resto de acredores e partes implicadas a por en marcha todas as medidas, dentro do proceso concursal, que sirvan para manter os centros de produción en Galiza co compromiso de non fraccionar a empresa e manter os postos de traballo”.

Comentarios