GpS reclama en Lugo un Estado propio para unha Galiza soberana

Nun acto público que ateigou o salón de actos do Pazo de San Marcos (Lugo), Galiza pola Soberanía (GpS) defendeu o dereito [email protected] [email protected] a ser "máis un pobo no mundo" e, nunha xunta de conmemoración do 95 aniversario da Asemblea Nacionalista de 1918, reivindicou a pegada [email protected] que traballaron ao longo dun século por unha Galiza soberana.

[Imaxe: Xose Salgado]
photo_camera [Imaxe: Xose Salgado]

O salón de actos do Pazo de San Marcos(Lugo), situado na rúa que leva o mesmo nome, ficou pequeno para acoller @s asistentes ao acto organizado por Galiza pola Soberanía. A iniciativa social quixo conmemorar este sábado (16 de novembro) o 95 aniversario da I Asemblea Nacionalista de Lugo mais tamén encetar con el unha das súas liñas de traballo: pór en valor o almanaque de festividades nacionais, pondo o acento naqueles acontecementos que marcaron a historia do país. 

Sen inxerencias de ningunha caste, a Asemblea de Lugo deu boa conta do poder da auto-organización. O incipiente nacionalismo galego asinou naquel outono de 1918 as súas reivindicacións e obxectivos máis inmediatos --aínda por conquerir moitos deles. Neste senso, a GpS invocou este sábado aquel espírito das Irmandades da Fala na loita por unha Galiza soberana nun sinxelo acto que comezou coa proxección dunha peza audiovisual que recolle algunhas das accións desenvolvidas pola iniciativa até o momento. 

Un saúdo desde Catalunya

Aliás, e pouco antes de dar comezo ás intervencións que conformaron o discurso político da GpS, a artista luguesa Mónica Alonso deu leitura ao saúdo enviado pola Asemblea Nacional catalana, impulsora das multitudinarias manifestacións na Diada de 2012 e da cadea humana do pasado 11 de setembro. A ANC, que fora convidada a participar do acto, non puido finalmente asistir por razóns de axenda política, mais amosou o seu apoio á iniciativa social Galiza pola Soberanía e enviou un saúdo internacionalista desde Catalunya, símbolo da solidariedade entre ambos os dous pobos. 

Soberanía política e económica

Após a breve intervención de Mónica Alonso, tomou a palabra Mar Pérez Fra, a economista e profesora universitaria, quen debullou no seu discurso as razóns económicas que dan sentido á demanda da emancipación nacional e procurou rachar cos pre-conceitos cos que se acostuma rebater o soberanismo. Falsas crenzas, argüiu, verbo da insustentabilidade económica dun país con enormes potencialidades no sector agro-gandeiro, forestal, enerxético, mais tamén no coñecemento e a formación, investigación e o desenvolvemento. 

Deseguido, o avogado Héitor López tomou o relevo para afondar, desde unha perspectiva xurídica, no dereito de autodeterminación dos pobos recollido polo ordenamento xurídico internacional que avala e ampara o dereito inalienábel dos pobos a decidiren o seu futuro, a se auto-determinaren e independizaren --se así se quixer-- como xa teñen feito outros moitos ao longo da historia. Un dereito universal recollido na Carta das Nacións Unidas e outros moitos instrumentos xurídicos internacionais como os Pactos polos Dereitos Humanos, económicos e sociais asinados en 1966. Mais perante todo, un dereito democrático que debe ser respectado e garantido en calquera caso, alegou. 

"O dereito de construírmos xuntas"

Finalmente e en nome da Coordenadora da GpS, a escritora e profesora Teresa Moure puxo o ton máis emocionante da xornada para reivindicar que "non somos menos que ninguén", senón que "somos e queremos ser máis un pobo no planeta". "Reclamamos" enfatizou Moure, "ese dereito" a "construírmos xuntas" unha nación plenamente soberana. Dona de si propia. Sen tutelas nen dependencias. 

Após a clausura do acto no interior do Pazo de San Marcos, @s asistentes percorreron as rúas da cidade amurallada ao son da música interpretada polo grupo compostelán Habelas Hainas camiño do emblemático hotel Méndez Núñez, en que decorreu a I Asemblea Nacionalista hai 95 anos. Alí, face a placa que lembra aquela importante data, distintas asociacións e a propia GpS fixeron unha ofrenda floral en lembranza [email protected] [email protected] dun ideario político aínda vivo que continúa a loitar por un Estado propio para Galiza.  

GpS continúa a recoller apoios na súa páxina web e adhesións ao seu manifesto. Podes consultalo na seguinte ligazón.

Imaxes: Xose Salgado e Luchinha

 

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Máis en Galiza
comentarios