GpS enceta unha rolda de asembleas abertas polo país

A iniciativa social convoca xuntanzas abertas á cidadanía para presentar os seus obxectivos e pular por novas adhesións á loita por un estado propio para Galiza.

Galiza pola Soberanía no Castro de Troñas (Ponteareas)
photo_camera Galiza pola Soberanía no Castro de Troñas (Ponteareas)

Após o seu lanzamento e as accións coas que se fixo ver o pasado 12 de outubro, Galiza pola Soberanía convoca asembleas abertas nas comarcas do país. Lugo, Pontevedra, Ferrol e Vigo acollerán senllas xuntanzas ao longo das vindeiras semanas. 

O obxectivo destas xuntanzas é dar a coñecer esta iniciativa e pular pola adhesión de máis persoas e organizacións mais tamén, reforzar o traballo deste movemento social que visa "o diálogo, a intervención, o debate, a axitación social e a mobilización" como as ferramentas chave para "que a maioría do pobo galego tome consciencia no proceso de construción nacional".

Aliás, desde Galiza pola Soberanía animan a coñecer o proxecto nestas xuntanzas mais tamén a través das redes sociais (@gpsoberania) e o seu portal web

DATA E EMPRAZAMENTOS DAS ASEMBLEAS ABERTAS 

  • FERROL, quinta feira 7 de novembro ás 20.30 h no local da CIG
  • LUGO, quinta feira 7 de novembro ás 20.00h no local da CIG (Edificio Sindical, 2º andar - Ronda da Muralla)
  • PONTEVEDRA, cuarta feira 6 de novembro ás 20.30h no CITA (Centro de Interpretación das Torres Arcebispais - Avenida de Santa María s/n)
  • VIGO, terza feira 5 de novembro, ás 20:00h no Café de Catro a Catro (Rua Girona 16)

Comentarios