O Goberno galego decreta sete días de loito oficial perante a "magna traxedia"

En comparecencia de imprensa após unha reunión extraordinaria do Consello da Xunta, Feijóo sinalou o 24 de Xullo como "xornada de conmemoración dun dos nosos días máis tristes"


Sete días de loito oficial. Anunciounos o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en comparecencia de imprensa posterior á reunión extraordinaria do seu goberno convocada a raíz do accidente ferroviario rexistrado esta cuarta feira en Angrois, Compostela.

Feijóo cualificou o acontecido de "magna traxedia" e acrecentou que desde agora o 24 de Xullo "xa non será a véspera dun día de festexos senón de conmemoración dun dos días máis tristes".

Comentarios