O Goberno español descarta o atentado como causa do sinistro en Compostela

Declaracións do subdelegado na Galiza, Samuel Juárez, e do titular de Interior, Jorge Fernández Díaz, aseguran que o sinistro rexistrado no lugar de Angrois foi un accidente "e non hai ningún indicio que apunte a que non se tratou dun violento descarrilamento"


"Non hai ningún indicio que apunte a que non se tratou dun violento descarrilamento". Así se pronunciou o subdelegado do Goberno español na Galiza, Samuel Juárez, a respeito da hipótese de que o accidente de tren que causou a morte de polo menos 24 persoas, segundo o dado confirmado por Renfe, puidera ser un atentado.

Na mesma liña falou tamén o ministro de Interior, Jorge Fernández Díaz, quen afirmou que se trata "dun accidente" e que "non caben, por tanto, outras hipóteses sobre outras causas".

Comentarios