Garda Civil multa un gandeiro en Becerreá porque as súas vacas non circulan en ringleira poor un camiño

A sanción de Tráfico produciuse en Ousón, lugar da parroquia de Cruzul que ten unha soa pista de acceso, segundo informan en 'Campo Galego'.

Vacas pacendo

A Garda Civil multou un gandeiro de Becerreá por non levar as vacas en fila india pola estrada, segundo informa a web especializada no agro 'Campo Galego'. Un suceso que decorreu en Vilar de Ousón, na parroquia de Cruzul (Becerreá), que ten unha soa pista de acceso. “Por ela só circulan os vehículos que teñen as cinco familias que aínda viven na aldea, camiñan veciñas e veciños e transitan os rabaños de vacas das poucas granxas que aínda quedan en activo e que foi o medio de vida, xeración tras xeración, das familias que aquí moraron”, sinalan desde Campo Galego.

Nesa única pista era por onde 'Nonito' levaba as vacas até que o parou este verán a Garda Civil de Tráfico. “Non daba creto ao que lle estaba a acontecer. El, como fixo durante toda a súa vida, levaba as 22 vacas da familia pacer aos prados, ben guiadas polo seu caxato e os tres cans pastores que o acompañaban. E facíao por esa única pista que une Vilar de Ousón co resto do mundo”.

Para o Sindicato Labrego Galego “o máis absurdo desta situación é que miles de familias en Galiza levan, dende antes que existisen os vehículos motorizados e a Garda Civil, as vacas pacer aos prados, polo que non se entende que agora teñan que sufrir unha persecución policial por facelo”. “ competentes movesen nin un só dedo para atender as denuncias e restablecer a legalidade”. .

Dende o SLG, piden ás xefaturas da Garda Civil de Tráfico da Galiza e, en última instancia, ao Ministerio de Interior, “que deixen de perseguir unha actividade indispensable para o noso medio rural e para a sociedade como a gandería e que, no caso que nos ocupa, non supón ningún perigo para a seguridade viaria”.

Comentarios