Galiza Sempre asiste á asemblea xeral da Alianza Libre Europea

Mais de 150 persoas de 18 países toman parte do 16 ao 18 de abril nunha cita que decorrerá baixo o lema ‘Eramos, somos, seremos’.

EFA ALE alianza libre europea
photo_camera Asemblea anterior da ALE

A Fundación Galiza Sempre estará presente na asemblea xeral da Alianza Libre Europea (ALE-EFA)e da súa fundación política (Centro Maurits Coopieters) que decorrerá do 16 ao 18 de abril en Bautzen (Alta Lusacia) e na que haberá 150 persoas en representación de 18 países. Guillerme Vázquez, presidente de Galiza Sempre, e Ana Miranda, responsábel de Relacións Exteriores do BNG, representarán o noso país.

O lema da xuntanza é ‘Eramos, somos, seremos’. A delegación galega participará nas xuntanzas executivas e na asemblea xeral do grupo e da fundación política da que depende.

Esta edición está adicada ao pobo sorbio e a súa loita por preservar e promover a súa lingua e identidade cultural. O sorbio é un pobo eslavo occidental recoñecido en Alemaña como minoría nacional ubicada nos estados federados da Saxonia e Branderbugo.

Comentarios