Galiza pola Soberanía convida a participar un vídeo colectivo para emitir o 12 de outubro

A xestora de Galiza pola Soberanía convida a colaborar nun vídeo colectivo que se porá en circulación o próximo día 12 de outubro ás 12 horas na rede. As persoas participantes terán que enviar filmacións de cinco segundos de calquera lugar do país no que faixas, pancartas ou cartaces recollan o lema Galiza pola Soberanía. 

manifestación, bandeira, soberanía
photo_camera manifestación, bandeira, soberanía

En especial piden que as faixas, lendas ou cartaces se penduren en lugares emblemáticos ou espazos singulares que mostren, no posíbel, a maior parte da xeografía do país. 

En seis pasos explican o procedemento que consiste en procurar un soporte no que inserir a lenda “Galiza pola soberanía”, un lugar emblemático da vila, aldea ou cidade, filmar cinco segundos no lugar escollido e enviar o vídeo a [email protected]. O prazo de entrega remata o próximo día 30 de setembro, tempo necesario para producir a montaxe que se emitirá o 12 de outubro na rede. 

Galiza pola Soberanía constituíuse o 4 de maio en Compostela nunha xuntanza de máis de cen persoas que manifestaron, a través dun comunicado, a súa vontade de “convocar a sociedade galega á defensa da capacidade de decidir por parte da nosa nación, mediante o exercicio da nosa soberanía”.

Comentarios