“Galiza sen peaxes”, novas accións do BNG polo “rescate” das autoestradas

Varios actos reivindicativos en distintos puntos da AP-9 esixirán este sábado ao longo do día unha “Galiza sen peaxes”. O BNG reclamará o cumprimento dos compromisos das concesionarias das autoestradas. 

AP-9
photo_camera AP-9

Na peaxe da AP-9 en dirección A Coruña ás 13-00 horas, na autoestrada Cabanas-Fene na saída de Vilar do Colo ás 17.45 ou na peaxe de Campañó-Pontevedra ás 17.30 horas serán nos puntos nos que ese desenvolverán os actos reivindicativos convocados polo BNG baixo o lema “Galiza sen peaxes”. Na protesta, condutores e condutoras que participen, farán o pagamento nas peaxes con céntimo e repartirán material informativo entre @s usuari@s da autoestrada. 

As demandas da formación nacionalista concrétanse na conxelación dos prezos das peaxes, o cumprimento dos compromisos das concesionarias en relación á calidade do servizo e o inicio do rescate público das autoestradas “que teña como punto final a súa integración dentro da rede viaria galega e acadar a súa gratuidade”. Entre os elementos que destacan na merma da calidade do servizo atópase a redución de numero de persoas encargadas do cobro nas peaxes, a insuficiente iluminación e o deficiente asfaltado.

Comentarios