Galiza atinxe @s 287.400 parad@s após perder 52.000 ocupad@s en só un ano

A Enquisa da Poboación Activa (EPA) cifra o paro no primeiro trimestre no 22,35%, porcentaxe que aumentou nun 5% neses doce meses, por riba da media estatal

Fileira desemprego

Un novo informe da EPA e un novo golpe. Galiza: 2,35% de desemprego e 287.400 persoas no paro. En só un ano, o desemprego no noso país aumentou case nun cinco por cento (4,94%), por riba da media estatal (4,58%).

A destrución de emprego afectou a 10.000 galeg@s desde o anterior trimestre. E nestes doce meses, o paro aumentou en perto de 22.000 persoas. A taxa de desemprego varía segundo as provincias. Así, en A Coruña a taxa é do 20,38%, en Lugo 20,84% e en Ourense roza o 24 por cento. En Pontevedra, esa taxa está no 25 por cento, unha cuarta parte, e moi próxima ao nivel global do Estado español, cunha taxa do 27,12%.

Por baixo do millón de ocupad@s

Aliás, e como indican a EPA, na Galiza hai menos dun millón de persoas ocupadas: 998.500, o que supón 52.000 menos que hai un ano.

Xa son 1.906.000 os fogares no Estado con todos os seus membros activos en paro.Na Galzia son perto de 100.000

O paro no conxunto do Estado español supera por vez primeira os seis millóns de persoas segundo os daatos da Enquisa de Poboación Activa para o primeiro trimestre do ano. 6.202.700  é o dato que aporta a enquisa publicada hoxe día 25 de abril. O desemprego increméntase así con respecto ao último trimestre do pasado ano no que os datos aportaban 5.965.400 persoas sen emprego. 

Os sindicatos falan de "datos demoledores"

Os datos son para a CIG, no seu conxunto, demoledores. “Evidencian o estrepitoso fracaso das políticas do partido Popular, que están a provocar a destrución do noso tecido produtivo e a expulsión de miles de persoas do mercado laboral”, sinala Antonio López Rivera, secretario confederal de Emprego e Industria. A central nacionalista considera alarmante, aliás, que o número de fogares nos que todas as persoas activas están no paro acada xa os 93.000. isto é, 10.000 máis nun só ano. “O perigo de exclusión social é cada vez maior e agrávase ante o deterioro dos servizos sociais públicos e a ausencia de medidas para paliar a súa situación”, afirma.

A dinámica de emprego de Galiza é peor que a media española, indican desde CCOO : a taxa de destrución de emprego no primeiro trimestre do ano foi do 2,67 % polo 1,9 % da media estatal. Isto sitúa a Galiza como o sexo territorio con peores datos.

Comentarios