O NOSO PAíS, O TERRITORIO DA PENíNSULA ONDE SE APREZOU MáIS O FENóMENO

Enfeitizad@s polo eclipse

Milleiros de peroas deixáronse engaiolar e enfeitizar en Galiza esta sexta feira polo eclipse de sol. O noso país foi o territorio da Península onde máis se puido aprezar este fenómeno, se ben as nubes do norte impediron en zonas como A Mariña gozar do eclipse.

Eclipse
photo_camera No Observatorio da USC

Non había un eclipse así desde hai unha década e haberá que agardar outra para que se volva repetir. Milleiros de persoas puideron gozar esta sexta feira en Galiza dun eclipse de sol para o que o noso país foi observatorio privilexiado. Ás 10:10, a hora máxica do fenómeno, máis dun 76% do sol estaba cuberto pola lúa. Unha imaxe engaiolante (que enfeitiza, encanta, atrapa).

Galiza ficou eclipsada durante aproximadamente dúas horas, entre as nove e as once da mañá. Nas observacións populares tomou parte moita xente, como na do observatorio astronómico de Compostela, onde acudiron centos de persoas. Ou na Coruña. Mais tamén en Vigo, Pontevedra ou Sanxenxo unha manchea de xente se deu cita para gozar deste fenómeno.

Se ben nas zonas do norte do país as nubes dificultaron a visión do eclipse, tamén houbo momentos nos que puideron gozar del. Haberá que agardar até o 2026 para poder volver presenciar un fenómeno que nunca pasa desapercibido. E, desta volta, con Galiza como balcón privilexiado da península.

Comentarios