Galiza fala con voz propia ante a comisaria de Pesca da UE

Unha ampla delegación do sector do mar de Galiza, grazas ás xestións do BNG, expuxo en Bruxelas as súas opinións e ideas sobre a PCP (Política Común de Pesca)

A máxima autoridade en política pesqueira da Unión Europa, a Comisaria de Pesca María Damanaki, escoitou de primeira man as peticións e ideas dos diferentes sectores do mar da Galiza (bateeiros, pesca artesanal, redeiras, mariscadoras...) , que se desprazaron até Bruxelas grazas ás xestións do BNG, que mediou para obter unha cita de tanta importancia para un sector fulcral no tecido laboral e económico do país. Acompañando á comotiva ían a eurodeputada nacionalista Ana Miranda e o parlamentario BIeito Lobeira.

Lobeira lembrou horas antes da xuntanza que “o BNG é crítico coa PCP (Política Común de Pesca) polos seus negativos resultados para a flota galega”. Por iso, salientou que “con esta interlocución directa ante a Comisaria de Pesca, María Damanaki, queremos facer o que nunca se fixo: facer chegar directamente a Bruxelas a voz do sector pesqueiro galego”.

Importancia

Na xuntanza, os representantes dos diversos sectores do mar galego trasladaron á responsábel da UE a importancia de cada un deles, así como de todos eles no seu conxunto, non só para Galiza, senón mesmo para o continente. Pesca artesanal, acuicultura tradicional e actividades relacionadas supoñen non só, apuntaron, un factor de emprego, senón toda unha aposta por unha actividade encardinada nas súas comunidades costeiras e que se desenvolve á marxe de parámetros meramente produtivistas.

Demandas

Cópre lembrar que Ana Miranda ten subliñado que “Galiza xógase a súa pesca artesanal e o seu marisqueo na reforma da PCP e por iso organizamos esta visita, para defender directamente os intereses específicos de Galiza ante as autoridades da Unión Europea”.

Neste sentido, defendeu que “a reforma da PCP non se debe facer de costas ao sector da pesca artesanal e por iso presentamos máis de cen reformas aos d


Comentarios