Galiza fai propia a tenrura entre os pobos para arroupar a Palestina

Concentracións e marchas percorreron varias cidades galegas para denunciar os ataques israelís en Gaza. ‘’Non é unha guerra, é un xenocidio’’, lema e sentimento máis presente.

palestina

O día que o contador de mortos en Gaza supera os 180 e o de feridos os 1.100, varias concentracións e manifestacións decorreron en cidades galegas para rexeitar os ataques israelís e solidarizarse co pobo palestino. De tan pronunciada, a famosa frase de Neruda corre risco de facerse ‘cliché’ (a solidariedade é a tenrura entre os pobos). Mais non con Palestina. O exército israelí leva sete días do que el gosta de chamar ‘ofensiva’ (e así lle chaman tamén gobernos occidentais, medios...) e @s manifestantes insisten en denominar ‘xenocidio’. “Non é unha guerra, é un xenocidio”, foi un dos lemas dos actos desta segunda feira.

Máis de 17.000 palestinos fuxiron nestas horas das súas casas para evitar ser obxectivo do Exército israelí. Un ‘éxodo’, por máis que de dese Tel Aviv queren en exclusiva esa palabra para se referir a acontecementos do pobo xudeu.

Solidari@s galeg@s sairon á rúa en apoio de Palestina mentres Israel barallaba comezar xa a ‘ofensiva’ terrestre. Reclaman o dereito á lexítima defensa. Ampáraos a ‘comunidade internacional’. A palestina só lle queda a solidariedade. Como a das (pequenas, si, moi pequenas) manifestación desta segunda feira.

Comentarios