Fruga dá pasos no proceso de dotar a Galiza dunha posición de país ante a nova PAC

Non podemos ficar de brazos cruzados mentres desde Bruxelas se toman decisións que atinxen o noso medio rural. Esa é a ideia forza que move a Fruga a abrir debates visando que Galiza se dote dunha posición de país ante a nova PAC.

Fruga
photo_camera Fruga

A Fruga realizou hoxe en Lugo unha xornada de traballo sob o título "Construíndo a posición galega ante a nova PAC", en que tomou parte a membro da Executiva Nacional do BNG Ana Miranda, que recentemente concluíu o seu período como eurodeputada.

Fruga xulga que "o mundo rural galego" de elaborar "unha proposta clara e concreta para defender os nosos intereses como pobo neste debate tan fundamental para o noso futuro", afirma en relación á nova PAC.

A xornada concluíu coa redacción dun documento en que se sintetiza a posición que o Goberno galego debe defender na negociación co Estado

A Federación Rural Galega acha que cómpre "construír un marco galego de decisión", o que significa non agardar a que "as orientacións dentro do estado español da nova PAC".

A participación nesta xornada de traballo foi moi numerosa. A reunión saldouse coa redacción dun documento de síntese coas demandas que "o rural galego exixe que sexan defendidas polo goberno galego na negociación estatal", informa a Fruga.

Comentarios