xoves 06/08/20

Fruga acusa as industrias LAGASA e Logística Alimentaria de chantaxear a 7 cooperativas de Lugo e A Coruña

Fruga reclama a intervención pública e a creación inmediata dunha interprofesional láctea galega perante a “chantaxe” de LAGASA e Logística Alimentaria de non recoller leite a sete cooperativas de Lugo e A Coruña. 

Fruga acusa as industrias LAGASA e Logística Alimentaria de chantaxear a 7 cooperativas

A negativa das industrias LAGASA e Logística Alimentaria a recoller leite a sete cooperativas de Lugo e A Coruña obrigou, segundo a FRUGA, á moitas producións socias das sete cooperativas afectas a ter que vender o seu leite a prezos que non chegan a 0,20 cts por litro.

A FRUGA, que vén de convocar unha asemblea aberta para abordar este asunto o vindeiro día 2 de maio ás 11 horas no Hotel Palacio de Lalín, insiste na urxencia de creación dunha interprofesional galega como marco de negociación. 

"Chantaxe" da industria

As cooperativas afectadas son primeiros compradores co cal a súa función é vender cisternas de leite ás industrias lácteas co cal, a medida, está a conducir a unha nova baixada do prezo do leite, o que supón, segundo o sindicato agrario, “unha chantaxe das industrias baixo a ameaza de deixar de recoller a súa produción”. Segundo afirman, algunhas as producións socias das cooperativas están xa a vender o leite a menos de 0,20 céntimos o litro. 

“O goberno galego a dia de hoxe, está a vender o sector lácteo galego, non sabemos a quen, nin a cambio de que, xa que noutras comunidades do estado español, están a falar de aprobar un plan lácteo, como é o caso de Castela-León, en cambio os gandeiros galegos non existimos na axenda do señor Feijoó, somentes para facer algunha foto en vésperas de eleccións”, denuncian desde Fruga para quen a propia ministra de Medio Ambiente, Rural e Mariño “insultou” a gandeiros e gandeiras ao dicir que “non sabían negociar”. 

Fruga acusa as industrias LAGASA e Logística Alimentaria de chantaxear a 7 cooperativas...
comentarios