Forzas soberanistas galegas convocan unha grande manifestación nacional para o 3 de Marzo

Até 14 forzas soberanistas do ámbito político e sindical da Galiza convocan unha manifestación nacional para o 3 de Marzo pola soberanía nacional de Galiza e contra a corrupción do PP. Entre elas están o BNG, CCPI, Nós UP, a CIG, a Fruga, AMI. Anova non está entre as organizacións convocantes, embora si o MpB, integrado naquela.

Primeira convocatoria conxunta do movemento soberanista galego. Con dous chanzos. Esta sexta feira, á tarde, por volta das 20 horas, haberá concentración perante as sedes do Partido Popular en Compostela, Vigo, A Coruña, Pontevedra, Ferrol, Lugo e Ourense.

O 3 de Marzo será a quenda para unha convocatoria nacional, unha manifestación que decorrerá apartir das 12 horas desde a Praza da Alameda.

O rótulo xenérico desta convocatoria unitaria d@s soberanistas, @s nacionalistas e @s independentistas deste país é "Abonda xa de corrupción e de destrución social e cultural!".

Comentarios