Fican co aforro galego por 0 euros

 

A Comisión rectora do fondo de reestruturación ordenada bancaria (FROB) vén de situar o valor económico de Novacaixagalicia Banco en 3.091 en negativo. O comunicado fíxose público onte, un día antes de que o Parlamento realice a súa sesión plenaria que inclúe o debate da creación da comisión de investigación das caixas.

O aforro galego queda sen valor. O burato de 3091 millóns sinalado polo FROB en Novacaixagalicia Banco deixa á vista que as cantidades achegadas á entidade non valen diante das grandes perdas. O taxación fora elaborada para valorar o alcance das preferentes mais o resultado non afecta á quita que se lle ten previsto aplicar ás víctimas. A solicitude de Novacaixagalicia de que non se dese valor cero as súas accións queda tamén no esquecemento.

Os 70 millóns de euros dos inversores capitalistas comprometidos por Castellanos quedaron tamén liquidados nunha operación que anula o aforro galego.

O valor de NCG Banco situárase en 181 millóns en 2011 de euros mais o dato actual que deixa o valor da entidade en cero e liquida de vez o aforro galego. O golpe para NCG e o aforro da Galiza comunícase nunha breve nota en que simplemente se fai mención dos datos da entidade galega, mais conduce inevitabelmente un rescate bancario de máis de cinco mil millóns antes do fin do ano, cifra necesaria xunto cos case dous mil millóns que se prevén que se sumen a través da quita das preferentes e subordinadas.

Comentarios