Fenosa: a outra estafa das preferentes

Centos de familias compraron preferentes por medio da empresa eléctrica, o que lles impide acceder á arbitraxe e as deixa en mans da multinacional, que se amosa pouco disposta a devolver os cartos malia os seus escandalosos beneficios.

preferentes fenosa
photo_camera preferentes fenosa

O gran calote conta con múltiples afluentes. Alén dos milleiros de persoas que perderon os seus aforros ao investiren nas participacións preferentes das desaparecidas caixas, con elas como intermediarias tamén houbo centos de familias que mercaron eses produtos opacos -case unanimemente baixo engano- por medio de distintas empresas que tamén os comercializaron, sendo o da eléctrica Fenosa o caso máis estendido en Galiza. Mais ao contrario das solucións -sempre incompletas polo de agora- ás cales poden acceder as persoas estafadas por parte do que agora é o nacionalizado Novagalicia Banco, as afectadas polas preferentes de Fenosa están expostas ao que decida a empresa enerxética, que ten o absoluto control sobre a súa dramática situación.

Fenosa vendeu preferentes en 2003 -co PP na Xunta- a pequen@s aforrador@s e en 2005 a institucións. As dúas caixas galegas e o Banco Pastor participaron da operación e, segundo as persoas damnificadas, eses investimentos estiveron sometidos ao mesmo discurso enganoso que no resto dos casos, só que agora non poden acceder á arbitraxe nin están incluídas na quita gobernamental, aínda que si poden intentar revender á propia compañía as súas participacións, seguramente en condicións moi pouco favorábeis. En definitiva, son cartos parados, en poder e baixo todo poder da multinacional, que mantén escasa transparencia sobre o asunto.

Toda a información sobre este asunto podes achala no número 41 do semanario Sermos Galiza, xa nos vosos quiosques

Comentarios