Feijóo favoreceu en Galiza os negocios de Villar Mir, implicado nos papeis de Bárcenas

A Xunta permitiu aumentar a potencia de tres minicentrais malia as propostas ecoloxistas, informou a favor da prórroga da concesión mineira en Serrabal e participou da adxudicación da construción da depuradora de Vigo a empresas de Juan Miguel Villar Mir, que presuntamente doou 530.000 euros ao PP, segundo os papeis atribuídos a Bárcenas.
Fundación Manuel Fraga
photo_camera Fundación Manuel Fraga

Os negocios de Juan Miguel Villar Mir, alto cargo na ditadura franquista, resultaron sempre favorecidos polas distintas administracións populares en Galiza, quer con Fraga quer con Feijóo como presidentes.

De acordo coa contabilidade de Bárcenas, Villar Mir tería contribuído a financiar o PP durante os últimos anos con diversas achegas que totalizarían os 530.000 euros.

Toda a información sobre este asunto no número 34 do semanario Sermos Galiza, xa nos quiosques, nunha reportaxe asinada por Rodri Suárez.

Comentarios