Feijóo alerta de que o 24M pode poñer en risco “a seguridade e a unidade”

Votar PP pola estabilidade institucional. Esa foi a mensaxe do presidente da Xunta na mañá da derradeira xornada de campaña na que pediu o voto en Ferrol para garantir a “seguridade e a unidade”.

ferrol
photo_camera ferrol

O presidente da Xunta e do PP de Galiza, Alberto Núñez Feijóo intensifica os actos dunha campaña que pechará en Compostela, no acto central de apoio á lista de Agustín Hernández, a súa aposta persoal para tentar manter en mans do partido o goberno da capital galega. Ou nós ou o caos foi o cerne da súa intervención na mañá desta xesta feira no acto de apoio ao candidato á alcaldía de Ferrol, José Manuel Rey Varela. Nunha xornada de maratona, o presidente da Xunta acompañou os seus candidatos nas sete cidades galegas nun sprint final que pon fin a unha campaña na que percorreu, segundo o propio PP, 9.000 quilómetros e participou en 80 actos. 

Pediu o presidente da Xunta o voto para o PP para garantir a “estabilidade institucional” da entidade máis cercana á cidadanía. “Está en xogo a seguridade e a unidade”, dixo o máximo dirixente do partido no país que definiu a Rey Varela como “un dos mellores alcaldes de España”. Advertiu tamén de que, de non conseguir a maioría absoluta en Ferrol, as posibilidades de conseguir un goberno estábel e cun programa único é de “cero”.  

Comentarios