O que se vaticinaba desde a oposición sucedeu xa na fin de semana pasada. O primeiro grande lume do verán volveu ser en Valdeorras. Comezaba na tarde do domingo en Vilanuide (Quiroga) e propagábase rapidamente engulindo 500 hectáreas de sobreiras, oliveiras, piñeiros e carballos até chegar a Seadur (Larouco), deixando arrasados bacelos da Denominación de Orixe Valdeorras, como xa pasara cos da Ribeira Sacra o pasado 2 de agosto.
(Máis información no número 60 de Sermos Galiza)